Bicos de piruletas, apertas de algodón, olor a laranxas e grandes corazóns. Blog dos nenos e nenas de infantil da profe Xoana.
lunes, 31 de enero de 2011
DÍA DA PAZ
O pasado venres celebramos o día da Paz no noso cole. Estabamos todos e todas moi guapos coas camisetas brancas que pintamos con mensaxes de paz. Na nosa clase pintamos " Paloma "de Picasso. Quedaron unhas camisetas moi bonitas. No corredor do cole fixemos un gran mural coa palabra PAZ, na que fomos pegando as fotos de todos e todas as persoas que convivimos no cole. , Cantamos cancións sobre a Paz acompañados da guitarra da profe Inés, que é a profe de musica.Por último fixemos unha gran roda e démonos moitos achuchóns e bicos.
domingo, 30 de enero de 2011
O NOSO CASTELO ENCANTADO.
PEQUENOS EXPLORADORES DO OUTONO
Coñecedes a Dora La Exploradora?. Nós somos os seus fans número un. Encántanos explorar e investigar sobre todas as cousas. Un día, decidimos sair ao monte que rodea ao colexio e puxemos a traballar os cinco sentidos e descubrimos moitas cousas. Varias clases de cogumelos, plantas que nunca víramos, bichiños, olores...
FESTIVAL DE NADAL
O 22 de decembro, celebramos o festival de Nadal no Centro Social de Escarabote. Houbo moita xente, e nós, sentímonos como unhas verdadeiras estrelas de cine coa nosa representación. Aplaudíronnos moito, moitííííísimo.
ANIVERSARIO DE IRIS MARÍA
sábado, 29 de enero de 2011
SAMAÍN
Celebramos o Samaín vestidos de persoaxes terroríficos. No xinnasio, cada aula interpretou un baile ou unha canción. Nós, bailamos e cantamos a dos esqueletos.
Cuando el reloj, marca la 1, los esqueletos salen de su tumba.
Tumba, tumba, tumba...
Cando remataron todos os cursos, baixamos ao corredor da planta baixa e fixemos unha merendola na que tamén estaban as nosas familias.
En cada aula de Infantil, fixemos un Taller de Cociña de tartas terroríficas.A da Pantasma é a nosa, a do morcego a de 4 anos e a da cabaza dos nenos e nenas de 5 anos. A que dan gañas de comelas?
CARAUTAS DE CABAZAS
As cabazas son típicas do Samaín. Como Aitana quería asustar aos maiores fixemos unhas carautas de cabazas.