jueves, 31 de marzo de 2011

OLA!!!!!!!!

Ola a todos e todas!. Quero que sepades que saíu todo moi ben e que vos agradezco o voso interés.

Eu tamén boto de menos aos meus pequerrechos pero ao mesmo tempo estou moi contenta por que van a estar en moi boas mans coa profe Begoña. O mundo a veces é moi pequeno, e douse a casualidade de que Bego e eu formamos parte dun grupo de traballo formado por 7 mestras que nos adicamos a investigar e recibir formación sobre un tema para posteriormente levalo a cabo nas nosas aulas. .As dúas traballamos na mesma liña polo que os nenos/as non van sentir un gran cambio. Moitos bicos e abrazos para todos e todas. Grazas.

lunes, 14 de marzo de 2011

XAPÓN

Hoxe tivemos unha mañá moi axetreada. Pasamos case toda a mañá falando e buscando información. Cando nos demos conta, xa era hora de marchar para casa. No faladorio, a profe contounos que o venres, producírase un terremoto en Xapón. O primeiro que fixemos foi buscar Xapón no noso mapa do mundo e no globo terráqueo. Vimos que é un país formado por 4 illas e que está moi lonxe de España. Pero ,que é iso dun terremoto. No DVD dos volcáns, hai un capítulo que trata dos terremotos e visionamos o video.. Aprendemos moitos cousas novas como por exemplo: A terra está viva e en contínuo cambio. Antigamente os continentes estaban unidos pero pouco a pouco fóronse separando. Cando chocan as placas tectónicas prodúcense os terremotos e móvense moito as cousasSi se produce no mar provoca olas xigantescas como foi no caso de Xapón e a esas olas chamámoslle Stunamis. Vimos as novas nos xornais que trouxo a profe. Eran do fin de semana e o de hoxe. Canta información! Tivemos para un bo anaco de faladorio. A través da fiestra observamos o mar e falamos de como sería un stunami aquí en Galicia. No recanto do planeta terra puidemos ler algúns libros relacionados cos terremotos. Por último, fixemos un simulacro de como as placas tectónicas que están dentro da terra chocan e provocan un terremoto. Como se movían as mesas!

OS MINI VOLCÁNS

.
Todos os volcáns teñen nome e o noso non ía ser menos!. De mutuo acordo decidimos chamarlle O " Volcán Escarabote". Un día destes vai entrar en erupción .
A verdade é que nos gustou moito como quedou. É bonito e podemos xogar con el e cos dinosaurios, polo que decidimos facer uns mini volcáns para levalos á casa.

Aínda non os rematamos pero van a ser como o grande. Tamén temos pensado facer uns dinosaurios para que vivan arredor do volcán. Xa volos ensinaremos

MAQUETA DE VOLCÁN

O tema dos volcáns parécenos fascinate. Tanto nos gusta que fixemos unha maqueta de volcán. Dounos un pouco de traballo. Tivemos que facer a maqueta dúas veces pero ollade o resultado.A que valeu a pena tanto esforzo?.
Se tendes problemas para ver a presentación, preme no título da entrada.

VÍDEO DE VOLCÁNS


Na biblio atopamos un DVD sobre volcáns súper chulo. Vimos como se formaban, os tipos que hai. Aprendemos moitas cousiñas interesantes

AREA E PEDRAS VOLCÁNICAS.

A mamá da profe chámase Sara, estivo de vacacións en Canarias. Acordouse de nós e tróuxonos unhas pedras volcánicas e un pouquiño de area. As pedras son moi escuras e a area, negra, negra,. Puidemos ulila, tocala, sentila...non é como a de aquí, clarita, e para nós máis bonita.

domingo, 13 de marzo de 2011

MOMENTOS EMOCIONANTES DO ENTROIDO 2011

O día do festival de entroido pasamos uns momentos moi divertidos e emocionantes. O tema central xirou entorno ao circo. Todo o cole encheuse de personaxes circenses, Magos, pallasos, arlequíns, bailarinas, animais...Ollade, ollade ,pasámolo pipa!