Bicos de piruletas, apertas de algodón, olor a laranxas e grandes corazóns. Blog dos nenos e nenas de infantil da profe Xoana.
lunes, 31 de enero de 2011
DÍA DA PAZ
O pasado venres celebramos o día da Paz no noso cole. Estabamos todos e todas moi guapos coas camisetas brancas que pintamos con mensaxes de paz. Na nosa clase pintamos " Paloma "de Picasso. Quedaron unhas camisetas moi bonitas. No corredor do cole fixemos un gran mural coa palabra PAZ, na que fomos pegando as fotos de todos e todas as persoas que convivimos no cole. , Cantamos cancións sobre a Paz acompañados da guitarra da profe Inés, que é a profe de musica.Por último fixemos unha gran roda e démonos moitos achuchóns e bicos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario