lunes, 7 de febrero de 2011

O SOÑO DE PICASSO


A volta de Nadal empezamos cun proxecto que puxemos de título " O SOÑO DE PICASSO". Chámase así, por que parteu dun libro que leva ese mesmo título e que aos rapaces lles encanta. Conta a historia da vida de Picasso dunha forma moi bonita. Cando Picasso era pequeno pintou dunhas pombiñas, pero unha mañá unha de elas non estaba. Picasso adica toda a vida a buscar a súa pombiña perdida. A medida que vai pasando a historia, van aparecendo personaxes dos seus cadros como "Nena con Paloma", "O músico cego"...
Ao final Picasso, atopa a súa pombiña nun letreiro que anunciaba o congreso da Paz en París. É un libro fermosísimo.Despois de ler o libro debuxamos aos personaxes que máis nos gustaron.Algúns dos nosos debuxos..

No hay comentarios:

Publicar un comentario