![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjT9R2NfLwfaoIzqDCL9pYO1Ya1q6yYMkBRCltOziEjEh-VqJTeyOxCHE_-6suanSUDKLe6C7QCpptHfDlKmCuhquyWOKMWAhMox2IFJnv8ON5CDZMPcnP3YPDGjbJTB0_TvkBOsliz8Ug/s200/volc%25C3%25A1n.jpg)
.Como xa sabedes, Antón chegou un día a clase falándonos de volcáns. Como nos demos conta que sabíamos moi pouco sobre eles, decidimos entre todos, investigar sobre o tema por iso vos mandamos esa notiña na que pedíamos a vosa colaboración. Grazas por responder tan ben. Incluso houbo un papá que creou un conto moi chulo que imos a ilustrar. Seguro que nos vai quedar precioso. Imos a empezar para a semana, así que si queredes mandar algo máis...
Vin o traballo que fixechedes sobre as capas da Terra e pareceume fantástico. Noraboa e grazas polo esforzo!!!
ResponderEliminar