Bicos de piruletas, apertas de algodón, olor a laranxas e grandes corazóns. Blog dos nenos e nenas de infantil da profe Xoana.
lunes, 14 de marzo de 2011
XAPÓN
Hoxe tivemos unha mañá moi axetreada. Pasamos case toda a mañá falando e buscando información. Cando nos demos conta, xa era hora de marchar para casa. No faladorio, a profe contounos que o venres, producírase un terremoto en Xapón. O primeiro que fixemos foi buscar Xapón no noso mapa do mundo e no globo terráqueo. Vimos que é un país formado por 4 illas e que está moi lonxe de España. Pero ,que é iso dun terremoto. No DVD dos volcáns, hai un capítulo que trata dos terremotos e visionamos o video.. Aprendemos moitos cousas novas como por exemplo: A terra está viva e en contínuo cambio. Antigamente os continentes estaban unidos pero pouco a pouco fóronse separando. Cando chocan as placas tectónicas prodúcense os terremotos e móvense moito as cousasSi se produce no mar provoca olas xigantescas como foi no caso de Xapón e a esas olas chamámoslle Stunamis. Vimos as novas nos xornais que trouxo a profe. Eran do fin de semana e o de hoxe. Canta información! Tivemos para un bo anaco de faladorio. A través da fiestra observamos o mar e falamos de como sería un stunami aquí en Galicia. No recanto do planeta terra puidemos ler algúns libros relacionados cos terremotos. Por último, fixemos un simulacro de como as placas tectónicas que están dentro da terra chocan e provocan un terremoto. Como se movían as mesas!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario