Bicos de piruletas, apertas de algodón, olor a laranxas e grandes corazóns. Blog dos nenos e nenas de infantil da profe Xoana.
martes, 31 de mayo de 2011
EMOCIONANTE REENCONTRO
Qué emocionante é a miña profesión!
En que outro traballo me recibirían despois de tanto tempo fora, cos ollos como platos, as bocas abertas, con bicos xigantes e emocionantes apertas, ademais de unha chea de agasallos.Eu tamén lles levei uns regaliños: un para compartir e outro para comer.
Estabamos nerviosiiiiiisimos, eléctricos, eufóricos... Despois de tanto tempo, todos tiñamos moito e moito que contar. Non nos chegou o tempo a nada. Fíxose moi corto.
O día de onte encheume de alegría ao volver a ver aos meus nen@s, pero ao mesmo tempo de tristeza.Contaba con incorporarme este martes pero non pode ser. O xoves pasado tiven unha recaída e non podo voltar polo de agora.Que desesperación!.Os días pasan e o remate do curso está tan próximo...
Alíviame que están en moi boas mans. Sei de sobra como traballa a profe Bego e sei que o fai moi, moi ben. Ademais falamos continuamente, sincronizamos o traballo e falamos de todo o que pasa.
Nota: Acordádesvos das fotos que vos pedira da familia?, si facedes o favor ídellas mandando a Bego, que logo mas pasa a min. Ei de mandar unha nota a casa, para recordárvolo.
Eu espero poñerme ben dunha vez e poder rematar o curso. De todas formas si eso non pode ser, convocareivos a unha reunión cando rematen as clases.
BICOS A TODOS E TODAS E GRAZAS POLO VOSO APOIO.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario