martes, 31 de mayo de 2011

EMOCIONANTE REENCONTRO


Qué emocionante é a miña profesión!
En que outro traballo me recibirían despois de tanto tempo fora, cos ollos como platos, as bocas abertas, con bicos xigantes e emocionantes apertas, ademais de unha chea de agasallos.Eu tamén lles levei uns regaliños: un para compartir e outro para comer.

Estabamos nerviosiiiiiisimos, eléctricos, eufóricos... Despois de tanto tempo, todos tiñamos moito e moito que contar. Non nos chegou o tempo a nada. Fíxose moi corto.
O día de onte encheume de alegría ao volver a ver aos meus nen@s, pero ao mesmo tempo de tristeza.Contaba con incorporarme este martes pero non pode ser. O xoves pasado tiven unha recaída e non podo voltar polo de agora.Que desesperación!.Os días pasan e o remate do curso está tan próximo...
Alíviame que están en moi boas mans. Sei de sobra como traballa a profe Bego e sei que o fai moi, moi ben. Ademais falamos continuamente, sincronizamos o traballo e falamos de todo o que pasa.



Nota: Acordádesvos das fotos que vos pedira da familia?, si facedes o favor ídellas mandando a Bego, que logo mas pasa a min. Ei de mandar unha nota a casa, para recordárvolo.

Eu espero poñerme ben dunha vez e poder rematar o curso. De todas formas si eso non pode ser, convocareivos a unha reunión cando rematen as clases.
BICOS A TODOS E TODAS E GRAZAS POLO VOSO APOIO.

miércoles, 25 de mayo de 2011

FELIZ 4º ANIVERSARIO CARLIÑA!!!!!

O luns 23, foi o aniversario de Carla. Xa cumple 4 anos. Para a semana se sae todo ben, teremos un taller de cociña no que nos imos a chupar os dedos. Celebraremos o cumpre de Uxi, o de Xoana e o de Carla. CUNHA GRAN TARTA CHEA DE GOLOSINAS. BICOS CARLA. .