Mostrando entradas con la etiqueta Unha Eiruga moi Larpeira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Unha Eiruga moi Larpeira. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de febrero de 2011

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA. XOGANDO

Esquecéuseme contarvos que as nosas eirugas eran moi xoguetonas. Encantáballes xogar ao futbol, tirarse polo tobogán, subirse ás árbores, comer a herba...

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA. O LIBRO


No primeiro trimestre, levamos a cabo un proxecto sobre as eirugas. Tivemos a sorte de ter unha eiruga verde na clase que atopei nunha folla da planta de incienso. Vimos como foi engordando, como teceu o casulo e logo apareceu convertida nunha horrorosa bolboreta. Non era como a do conto de Eric Carl " UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA", do cal fixemos a nosa versión. Queredes escoitalo?, pois dalle a PLAY. Se o queres ver en grande preme nas frechas, ao lado de onde pon youtube.

sábado, 29 de enero de 2011

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA


Algunha vez comiches a un personaxe dun libro? Pois nós si. Comemos a Eiruga Larpeira de Eric Carl. Para larpeiros nós.