Mostrando entradas con la etiqueta Proxectos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxectos. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de agosto de 2011

MEMORIA ANUAL CURSO ESCOLAR 2010/11

Na seguinte presentación a modo de libro poderedes ver, como foron os nosos primeiros pasos no cole, algúns dos proxectos que se levaron a cabo na nosa aula, como celebramos as festas, algún taller de cociña,os nosos momentos emocionantes, . Esperamos que vos guste.Aitana, Aitor, Antón, Carla, Carlota, Hyzadora, Iris, Shaila, Uxía e a profe Xoana.
EDUCACIÓN INFANTIL ESCARABOTE 2010-11

lunes, 14 de marzo de 2011

XAPÓN

Hoxe tivemos unha mañá moi axetreada. Pasamos case toda a mañá falando e buscando información. Cando nos demos conta, xa era hora de marchar para casa. No faladorio, a profe contounos que o venres, producírase un terremoto en Xapón. O primeiro que fixemos foi buscar Xapón no noso mapa do mundo e no globo terráqueo. Vimos que é un país formado por 4 illas e que está moi lonxe de España. Pero ,que é iso dun terremoto. No DVD dos volcáns, hai un capítulo que trata dos terremotos e visionamos o video.. Aprendemos moitos cousas novas como por exemplo: A terra está viva e en contínuo cambio. Antigamente os continentes estaban unidos pero pouco a pouco fóronse separando. Cando chocan as placas tectónicas prodúcense os terremotos e móvense moito as cousasSi se produce no mar provoca olas xigantescas como foi no caso de Xapón e a esas olas chamámoslle Stunamis. Vimos as novas nos xornais que trouxo a profe. Eran do fin de semana e o de hoxe. Canta información! Tivemos para un bo anaco de faladorio. A través da fiestra observamos o mar e falamos de como sería un stunami aquí en Galicia. No recanto do planeta terra puidemos ler algúns libros relacionados cos terremotos. Por último, fixemos un simulacro de como as placas tectónicas que están dentro da terra chocan e provocan un terremoto. Como se movían as mesas!

OS MINI VOLCÁNS

.
Todos os volcáns teñen nome e o noso non ía ser menos!. De mutuo acordo decidimos chamarlle O " Volcán Escarabote". Un día destes vai entrar en erupción .
A verdade é que nos gustou moito como quedou. É bonito e podemos xogar con el e cos dinosaurios, polo que decidimos facer uns mini volcáns para levalos á casa.

Aínda non os rematamos pero van a ser como o grande. Tamén temos pensado facer uns dinosaurios para que vivan arredor do volcán. Xa volos ensinaremos

MAQUETA DE VOLCÁN

O tema dos volcáns parécenos fascinate. Tanto nos gusta que fixemos unha maqueta de volcán. Dounos un pouco de traballo. Tivemos que facer a maqueta dúas veces pero ollade o resultado.A que valeu a pena tanto esforzo?.
Se tendes problemas para ver a presentación, preme no título da entrada.

VÍDEO DE VOLCÁNS


Na biblio atopamos un DVD sobre volcáns súper chulo. Vimos como se formaban, os tipos que hai. Aprendemos moitas cousiñas interesantes

AREA E PEDRAS VOLCÁNICAS.

A mamá da profe chámase Sara, estivo de vacacións en Canarias. Acordouse de nós e tróuxonos unhas pedras volcánicas e un pouquiño de area. As pedras son moi escuras e a area, negra, negra,. Puidemos ulila, tocala, sentila...non é como a de aquí, clarita, e para nós máis bonita.

viernes, 25 de febrero de 2011

LIBRO

Carlos o papá de Carla, creou o texto dun conto sobre a terra e os volcáns.Modificámolo só un pouquiño e agora o estamos a ilustrar. Cando o rematemos habémolo de colgar no blog. Grazas papá Carlos

VIAXE AO CENTRO DA TERRA

Nun libro moi interesante, vimos que a terra está formada por diferentes capas: o núcleo, o manto e a corteza terrestre. Con plasti fomos compoñendo pouco a pouco o globo terráqueo que quedou unha chulada pero si soubésedes o que pesaaaa. Logo comparamos o noso planeta co globo terráqueo que temos na aula e salíunos case que igualiño. Pero para non esquencer que dentro da terra hai unhas capiñas pegámoslle un corte como se fose un pastel de aniversario.O malo e que non o podemos comer.



COMO O FIXEMOS? Pois primeiro fixemos o núcleo interno empezando cunha unha boliña pequeniña de cor amarelo canario, logo cubrimos con amarelo ovo para o núcleo externo, logo con laranxa para o manto, como tiñamos pouca plasti mezclamos a cor marrón e a cor carne para o manto externo e por último a corteza terrestre de cor azul e de cor marrón. Fixádevos canto amasamos:

RECANTO DO PLANETA TERRA


Como trouxemos moitos libros e fotos sobre os volcáns, os dinosauros e o planeta terra, creamos un caluroso recanto.( E que a lava queima moito, moito).

VOLCÁNS OU PLANETA TERRA?


Temos un Problema co nome do noso proxecto. Hai dúas semanas empezamos a traballar sobre os volcáns. o primeiro que fixemos foi buscar información, recompilala e logo cada un explicabámoslle ao resto o que aprenderamos.Ao analizar esa información, démonos conta que para entender ben as cousas sobre os volcáns temos que estudar tamén o noso planeta terra. Como se formou, de que está composto,onde se atopa e moito máis. Así son os proxectos poden ser pequerrechiños ou ir medrando e medrando ata facerse xigantescos.

martes, 15 de febrero de 2011

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA. XOGANDO

Esquecéuseme contarvos que as nosas eirugas eran moi xoguetonas. Encantáballes xogar ao futbol, tirarse polo tobogán, subirse ás árbores, comer a herba...

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA. O LIBRO


No primeiro trimestre, levamos a cabo un proxecto sobre as eirugas. Tivemos a sorte de ter unha eiruga verde na clase que atopei nunha folla da planta de incienso. Vimos como foi engordando, como teceu o casulo e logo apareceu convertida nunha horrorosa bolboreta. Non era como a do conto de Eric Carl " UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA", do cal fixemos a nosa versión. Queredes escoitalo?, pois dalle a PLAY. Se o queres ver en grande preme nas frechas, ao lado de onde pon youtube.

martes, 8 de febrero de 2011

PROXECTO OS VOLCÁNS

.Como xa sabedes, Antón chegou un día a clase falándonos de volcáns. Como nos demos conta que sabíamos moi pouco sobre eles, decidimos entre todos, investigar sobre o tema por iso vos mandamos esa notiña na que pedíamos a vosa colaboración. Grazas por responder tan ben. Incluso houbo un papá que creou un conto moi chulo que imos a ilustrar. Seguro que nos vai quedar precioso. Imos a empezar para a semana, así que si queredes mandar algo máis...

PERÍODO ROSA

Cando Picasso se fixo mozo de Fernande Olivier ( a súa primeira moza), cambiou a súa paleta por tonos rosas e vermellos: os anos 1904 e 1905 coñécense así, como O PERÍODO ROSA onde os temas das súas obras centráronse no mundo do circo.