Mostrando entradas con la etiqueta Picasso.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Picasso.. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de agosto de 2011

MEMORIA ANUAL CURSO ESCOLAR 2010/11

Na seguinte presentación a modo de libro poderedes ver, como foron os nosos primeiros pasos no cole, algúns dos proxectos que se levaron a cabo na nosa aula, como celebramos as festas, algún taller de cociña,os nosos momentos emocionantes, . Esperamos que vos guste.Aitana, Aitor, Antón, Carla, Carlota, Hyzadora, Iris, Shaila, Uxía e a profe Xoana.
EDUCACIÓN INFANTIL ESCARABOTE 2010-11

martes, 8 de febrero de 2011

PERÍODO ROSA

Cando Picasso se fixo mozo de Fernande Olivier ( a súa primeira moza), cambiou a súa paleta por tonos rosas e vermellos: os anos 1904 e 1905 coñécense así, como O PERÍODO ROSA onde os temas das súas obras centráronse no mundo do circo.

EL GUITARRISTA CIEGO

. Coñécese como período azul de Picasso ao que transcorre aproximadamente en tre 1901 ata 1904: este nome provén da cor que domina a gama cromática das pinturas, e ten a súa orixe no suicidio do seu amigo Carlos Casagemas o 17 de febreiro de 1901, que o deixou cheo de dor e tristeza.

No noso libro, cando Picasso se atopou co músico cego preguntoulle si víra a súa pombiña perdida, e o músico díxolle, que oxalá tivera vista para podela ver. Esta é a nosa versión de este cadro tan triste.

NIÑA CON PALOMA



Unha das obras que aparecía no libro " El Sueño de Picasso" e que nos encantou era " Niña con Paloma", de 1901. Por iso cada un de nós pintou a súa nana coa súa pombiña.

lunes, 7 de febrero de 2011

O GUERNICA


Días antes do 30 de xaneiro que é o día escolar da No-Violencia e a Paz, na clase lemos dous libros, " Guernica" e " Y Picasso pinta Guernica". Os dous falan do bombardeo de Guernica. Un ataque aéreo realizado sobre esta simbólica población vasca o 26 de abril de 1937, no transcurso da Guerra Civil Española, por parte da Lexión Cóndor alemana e a Aviación Lexionaria italiana.A cantidade de vítimas civís foi enorme.
A repercusión internacional que alcanzou este bombardeo fixo que sexa unha masacre mundialmente recoñecida e considerada como un icono antibélicoGUERNICA é un famoso cadro de Pablo Picasso, pintado nos meses de maio e xuño de 1937, cuXo título alude AO bombardeo de Guernica vila,a súa interpretación é obxecto de polémica, pero o seu valor artístico está fora de discusión. Non só é considerado unha das obras mais importantes da arte do século XX, se non que se convertíu nun auténtico "icono do século XX", símbolo dos terribles sufrimentos que a guerra infrinxe aos seres humanos.
Como dí Alain Serres, " Acaso o medio máis seguro para loitar cointra a barbarie , non é deixar que canten as cores da vida?". Por iso nós decidimos darlle cor a este cadro e facer así a nosa repulsa contra a guerra.
Na elaboración de este Guernica a todo color que temos exposto no noso corredor participaron todos os nenos e nenas de educación infantil do cole. cada un pintou un folio e logo unímolo a modo de puzzle.
Na nosa clase ademais, decidimos facer os nosos mini guernicas.

O SOÑO DE PICASSO


A volta de Nadal empezamos cun proxecto que puxemos de título " O SOÑO DE PICASSO". Chámase así, por que parteu dun libro que leva ese mesmo título e que aos rapaces lles encanta. Conta a historia da vida de Picasso dunha forma moi bonita. Cando Picasso era pequeno pintou dunhas pombiñas, pero unha mañá unha de elas non estaba. Picasso adica toda a vida a buscar a súa pombiña perdida. A medida que vai pasando a historia, van aparecendo personaxes dos seus cadros como "Nena con Paloma", "O músico cego"...
Ao final Picasso, atopa a súa pombiña nun letreiro que anunciaba o congreso da Paz en París. É un libro fermosísimo.Despois de ler o libro debuxamos aos personaxes que máis nos gustaron.Algúns dos nosos debuxos..

lunes, 31 de enero de 2011

DÍA DA PAZ

O pasado venres celebramos o día da Paz no noso cole. Estabamos todos e todas moi guapos coas camisetas brancas que pintamos con mensaxes de paz. Na nosa clase pintamos " Paloma "de Picasso. Quedaron unhas camisetas moi bonitas. No corredor do cole fixemos un gran mural coa palabra PAZ, na que fomos pegando as fotos de todos e todas as persoas que convivimos no cole. , Cantamos cancións sobre a Paz acompañados da guitarra da profe Inés, que é a profe de musica.Por último fixemos unha gran roda e démonos moitos achuchóns e bicos.