Días con Sabor a Caramelo
Bicos de piruletas, apertas de algodón, olor a laranxas e grandes corazóns. Blog dos nenos e nenas de infantil da profe Xoana.
miércoles, 2 de noviembre de 2011
OLA A TOD@S
Xa sabemos que vos temos un pouquiño abandonados pero moi pronto poderedes ver algúns dos traballos que fixemos ou estamos a facer durante este curso. A VENDIMIA,algún OBRADOIRO DE COCIÑA, o que estamos facendo sobre o O MEDO e algunhas cousiñas máis. Bicos
jueves, 18 de agosto de 2011
MEMORIA ANUAL CURSO ESCOLAR 2010/11
Na seguinte presentación a modo de libro poderedes ver, como foron os nosos primeiros pasos no cole, algúns dos proxectos que se levaron a cabo na nosa aula, como celebramos as festas, algún taller de cociña,os nosos momentos emocionantes, . Esperamos que vos guste.Aitana, Aitor, Antón, Carla, Carlota, Hyzadora, Iris, Shaila, Uxía e a profe Xoana.
EDUCACIÓN INFANTIL ESCARABOTE 2010-11
EDUCACIÓN INFANTIL ESCARABOTE 2010-11
martes, 31 de mayo de 2011
EMOCIONANTE REENCONTRO

Qué emocionante é a miña profesión!
En que outro traballo me recibirían despois de tanto tempo fora, cos ollos como platos, as bocas abertas, con bicos xigantes e emocionantes apertas, ademais de unha chea de agasallos.Eu tamén lles levei uns regaliños: un para compartir e outro para comer.

Estabamos nerviosiiiiiisimos, eléctricos, eufóricos... Despois de tanto tempo, todos tiñamos moito e moito que contar. Non nos chegou o tempo a nada. Fíxose moi corto.
O día de onte encheume de alegría ao volver a ver aos meus nen@s, pero ao mesmo tempo de tristeza.Contaba con incorporarme este martes pero non pode ser. O xoves pasado tiven unha recaída e non podo voltar polo de agora.Que desesperación!.Os días pasan e o remate do curso está tan próximo...
Alíviame que están en moi boas mans. Sei de sobra como traballa a profe Bego e sei que o fai moi, moi ben. Ademais falamos continuamente, sincronizamos o traballo e falamos de todo o que pasa.
Nota: Acordádesvos das fotos que vos pedira da familia?, si facedes o favor ídellas mandando a Bego, que logo mas pasa a min. Ei de mandar unha nota a casa, para recordárvolo.
Eu espero poñerme ben dunha vez e poder rematar o curso. De todas formas si eso non pode ser, convocareivos a unha reunión cando rematen as clases.
BICOS A TODOS E TODAS E GRAZAS POLO VOSO APOIO.
miércoles, 25 de mayo de 2011
FELIZ 4º ANIVERSARIO CARLIÑA!!!!!
lunes, 25 de abril de 2011
UXI E A PROFE ESTÁN DE ANIVERSARIO!!!!
Ola a todos e todas! Hoxe é un día especial para Uxía e para a profe Xoana. Hoxe é o seu Aniversario. Uxi cumpre 4 aniños e o da profe tamén remata en no número 4. Vamos a ter que esperar un pouquiño para facer o noso taller de cociña e elaborar unha rica tarta pero cando volva ( ainda vou tardar un pouquiño )celebraremos unha gran festa.
Teño moitas, moitas , moitas gañas de vervos . BICOS para todos e todas e sobre todo para Uxi que hoxe é o seu día especial. Muuuuuaaaaaaaaa!!
Teño moitas, moitas , moitas gañas de vervos . BICOS para todos e todas e sobre todo para Uxi que hoxe é o seu día especial. Muuuuuaaaaaaaaa!!


jueves, 31 de marzo de 2011
OLA!!!!!!!!

Eu tamén boto de menos aos meus pequerrechos pero ao mesmo tempo estou moi contenta por que van a estar en moi boas mans coa profe Begoña. O mundo a veces é moi pequeno, e douse a casualidade de que Bego e eu formamos parte dun grupo de traballo formado por 7 mestras que nos adicamos a investigar e recibir formación sobre un tema para posteriormente levalo a cabo nas nosas aulas.

lunes, 14 de marzo de 2011
XAPÓN
OS MINI VOLCÁNS
.
Todos os volcáns teñen nome e o noso non ía ser menos!. De mutuo acordo decidimos chamarlle O " Volcán Escarabote". Un día destes vai entrar en erupción .
A verdade é que nos gustou moito como quedou. É bonito e podemos xogar con el e cos dinosaurios, polo que decidimos facer uns mini volcáns para levalos á casa.
Aínda non os rematamos pero van a ser como o grande. Tamén temos pensado facer uns dinosaurios para que vivan arredor do volcán. Xa volos ensinaremos
Todos os volcáns teñen nome e o noso non ía ser menos!. De mutuo acordo decidimos chamarlle O " Volcán Escarabote". Un día destes vai entrar en erupción .
A verdade é que nos gustou moito como quedou. É bonito e podemos xogar con el e cos dinosaurios, polo que decidimos facer uns mini volcáns para levalos á casa.
Aínda non os rematamos pero van a ser como o grande. Tamén temos pensado facer uns dinosaurios para que vivan arredor do volcán. Xa volos ensinaremos
MAQUETA DE VOLCÁN
VÍDEO DE VOLCÁNS
AREA E PEDRAS VOLCÁNICAS.
A mamá da profe chámase Sara, estivo de vacacións en Canarias. Acordouse de nós e tróuxonos unhas pedras volcánicas e un pouquiño de area. As pedras son moi escuras e a area, negra, negra,. Puidemos ulila, tocala, sentila...non é como a de aquí, clarita, e para nós máis bonita.
domingo, 13 de marzo de 2011
MOMENTOS EMOCIONANTES DO ENTROIDO 2011
O día do festival de entroido pasamos uns momentos moi divertidos e emocionantes. O tema central xirou entorno ao circo. Todo o cole encheuse de personaxes circenses, Magos, pallasos, arlequíns, bailarinas, animais...Ollade, ollade ,pasámolo pipa!
viernes, 4 de marzo de 2011
viernes, 25 de febrero de 2011
LIBRO
Carlos o papá de Carla, creou o texto dun conto sobre a terra e os volcáns.Modificámolo só un pouquiño e agora o estamos a ilustrar. Cando o rematemos habémolo de colgar no blog. Grazas papá Carlos
VIAXE AO CENTRO DA TERRA
COMO O FIXEMOS? Pois primeiro fixemos o núcleo interno empezando cunha unha boliña pequeniña de cor amarelo canario, logo cubrimos con amarelo ovo para o núcleo externo, logo con laranxa para o manto, como tiñamos pouca plasti mezclamos a cor marrón e a cor carne para o manto externo e por último a corteza terrestre de cor azul e de cor marrón. Fixádevos canto amasamos:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)