viernes, 25 de febrero de 2011

VIAXE AO CENTRO DA TERRA

Nun libro moi interesante, vimos que a terra está formada por diferentes capas: o núcleo, o manto e a corteza terrestre. Con plasti fomos compoñendo pouco a pouco o globo terráqueo que quedou unha chulada pero si soubésedes o que pesaaaa. Logo comparamos o noso planeta co globo terráqueo que temos na aula e salíunos case que igualiño. Pero para non esquencer que dentro da terra hai unhas capiñas pegámoslle un corte como se fose un pastel de aniversario.O malo e que non o podemos comer.



COMO O FIXEMOS? Pois primeiro fixemos o núcleo interno empezando cunha unha boliña pequeniña de cor amarelo canario, logo cubrimos con amarelo ovo para o núcleo externo, logo con laranxa para o manto, como tiñamos pouca plasti mezclamos a cor marrón e a cor carne para o manto externo e por último a corteza terrestre de cor azul e de cor marrón. Fixádevos canto amasamos:

1 comentario:

  1. Ola Xoana e nenas e nenos de Escarabote!
    Gústame moito como vos quedou o planeta Terra coa plastilina, nótase que estades aprendendo un montón.

    ResponderEliminar