Bicos de piruletas, apertas de algodón, olor a laranxas e grandes corazóns. Blog dos nenos e nenas de infantil da profe Xoana.
viernes, 25 de febrero de 2011
LIBRO
Carlos o papá de Carla, creou o texto dun conto sobre a terra e os volcáns.Modificámolo só un pouquiño e agora o estamos a ilustrar. Cando o rematemos habémolo de colgar no blog. Grazas papá Carlos
VIAXE AO CENTRO DA TERRA
COMO O FIXEMOS? Pois primeiro fixemos o núcleo interno empezando cunha unha boliña pequeniña de cor amarelo canario, logo cubrimos con amarelo ovo para o núcleo externo, logo con laranxa para o manto, como tiñamos pouca plasti mezclamos a cor marrón e a cor carne para o manto externo e por último a corteza terrestre de cor azul e de cor marrón. Fixádevos canto amasamos:
RECANTO DO PLANETA TERRA
VOLCÁNS OU PLANETA TERRA?
Temos un Problema co nome do noso proxecto. Hai dúas semanas empezamos a traballar sobre os volcáns. o primeiro que fixemos foi buscar información, recompilala e logo cada un explicabámoslle ao resto o que aprenderamos.Ao analizar esa información, démonos conta que para entender ben as cousas sobre os volcáns temos que estudar tamén o noso planeta terra. Como se formou, de que está composto,onde se atopa e moito máis. Así son os proxectos poden ser pequerrechiños ou ir medrando e medrando ata facerse xigantescos.
martes, 15 de febrero de 2011
UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA. XOGANDO
Esquecéuseme contarvos que as nosas eirugas eran moi xoguetonas. Encantáballes xogar ao futbol, tirarse polo tobogán, subirse ás árbores, comer a herba...
UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA. O LIBRO
No primeiro trimestre, levamos a cabo un proxecto sobre as eirugas. Tivemos a sorte de ter unha eiruga verde na clase que atopei nunha folla da planta de incienso. Vimos como foi engordando, como teceu o casulo e logo apareceu convertida nunha horrorosa bolboreta. Non era como a do conto de Eric Carl " UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA", do cal fixemos a nosa versión. Queredes escoitalo?, pois dalle a PLAY. Se o queres ver en grande preme nas frechas, ao lado de onde pon youtube.
martes, 8 de febrero de 2011
RECORTANDO
PROXECTO OS VOLCÁNS

PERÍODO ROSA
EL GUITARRISTA CIEGO

No noso libro, cando Picasso se atopou co músico cego preguntoulle si víra a súa pombiña perdida, e o músico díxolle, que oxalá tivera vista para podela ver. Esta é a nosa versión de este cadro tan triste.
NIÑA CON PALOMA
lunes, 7 de febrero de 2011
O GUERNICA

Días antes do 30 de xaneiro que é o día escolar da No-Violencia e a Paz, na clase lemos dous libros, " Guernica" e " Y Picasso pinta Guernica". Os dous falan do bombardeo de Guernica. Un ataque aéreo realizado sobre esta simbólica población vasca o 26 de abril de 1937, no transcurso da Guerra Civil Española, por parte da Lexión Cóndor alemana e a Aviación Lexionaria italiana.A cantidade de vítimas civís foi enorme.
A repercusión internacional que alcanzou este bombardeo fixo que sexa unha masacre mundialmente recoñecida e considerada como un icono antibélico

Como dí Alain Serres, " Acaso o medio máis seguro para loitar cointra a barbarie , non é deixar que canten as cores da vida?". Por iso nós decidimos darlle cor a este cadro e facer así a nosa repulsa contra a guerra.
Na elaboración de este Guernica a todo color que temos exposto no noso corredor participaron todos os nenos e nenas de educación infantil do cole. cada un pintou un folio e logo unímolo a modo de puzzle.
Na nosa clase ademais, decidimos facer os nosos mini guernicas.
O SOÑO DE PICASSO

A volta de Nadal empezamos cun proxecto que puxemos de título " O SOÑO DE PICASSO". Chámase así, por que parteu dun libro que leva ese mesmo título e que aos rapaces lles encanta. Conta a historia da vida de Picasso dunha forma moi bonita. Cando Picasso era pequeno pintou dunhas pombiñas, pero unha mañá unha de elas non estaba. Picasso adica toda a vida a buscar a súa pombiña perdida. A medida que vai pasando a historia, van aparecendo personaxes dos seus cadros como "Nena con Paloma", "O músico cego"...
Ao final Picasso, atopa a súa pombiña nun letreiro que anunciaba o congreso da Paz en París. É un libro fermosísimo.Despois de ler o libro debuxamos aos personaxes que máis nos gustaron.Algúns dos nosos debuxos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)